Os tradutores técnicos únense.

Prezados colegas:

Grazas á desinteresada participación dunha ducia de persoas nesta iniciativa en prol da tradución técnica, bautizada co nome de proTECT project, están vendo a luz nas últimas semanas moitos novos proxectos. Como non podía ser doutro xeito nun blog de tales trazos, consideramos oportuno traducir a entrada máis visitada do mes a varias linguas. De xeito que esa información, que vós mesmos catalogástedes como relevante, chegue aínda a máis persoas se cabe.

O noso ánimo é o de achegarnos a vós cada mes, mais non soamente en castelán, senón tamén en catalán, en euskera, en galego, en francés e en inglés nun primeiro momento e, se a oportunidade nolo permite, en máis linguas. Nesta ocasión deixámosvos coa entrada publicada o día 29 de abril, a cal acadou un total de 334 visitas na data da súa publicación e outras tantas ao longo dos dous días e medio subsecuentes xusto antes da divulgación da nosa seguinte entrada.

Agardamos que aos novos lectores lles resulte tan interesante como aos antigos!

Un saúdo moi agarimoso,

de todo o equipo de proTECT project

 

Tradución de Lucía ÁLVAREZ.

Prezados lectores do blog:

O pasado cinco de abril, dentro da introdución á entrada Formación especializada para tradutores técnicos ,anunciábavos que se están a orixinar cambios no seo de proTECT project .Considero que chegou o intre de contarvos en que consisten tales alteracións.

A finais de xaneiro, debido ao contacto cunha tradutora técnica que deseguido vos presentarei, vendo que máis xente se animaba a botar una man neste proxecto, púxose a andar a maquinaria que montaría todo un equipo e, á vez, xestionaría diversas iniciativas distintas á lista de distribución coa que proTECT conta na Red Iris (http://www.rediris.es/list/info/protect.html), este blog ou a conta de Twitter (@proTECTproject) existente na actualidade en beneficio de tódolos tradutores técnicos.

A devantida tradutora é Laura PERAL, sobre cuxo perfil profesional poderedes atopar máis información no apartado “equipo” deste blog e da que, seguramente, xa lerades algunha entrada. Laura é, dende este intre, a coordinadora de información sobre formación de proTECT . Podedes pórvos directamente en contacto con ela para facerlle chegar calquera consulta, suxestión ou comentario sobre o tema ao enderezo electrónico proTECTformación@ymail.com.

Grazas a ela, a partir deste trimestre poremos en circulación unha nota de prensa trimestral sobre formación para tradutores técnicos cuxo primeiro número está previsto para finais de xuño.

Ademais disto, como xa comentei con anterioridade, Laura dedicaralle unha serie de entradas no blog ao tema e, se alguén quere aportar algo neste sentido, estaremos encantados de que vos poñades en contacto con ela. Os que escribades unha entrada no blog, non esquezades achegarnos un pequeno resumo do voso perfil profesional e unha fotografía para publicalos xunto coa vosa entrada.

Así mesmo, habilitamos unha páxina no blog dedicada de xeito exclusivo a antedita formación onde recompilaremos a información máis relevante sobre este tema, é dicir, nela atoparedes tódolos datos sobre formación centralizada de maneira ordenada, clara e abreviada.

A raíz desta iniciativa, pensamos que tamén sería moi interesante crear outra nota de prensa similar dedicada exclusivamente a recursos. Dito e feito, outros dous compañeiros sobre os que tamén poderedes atopar información no apartado de “equipo”, Jose Mª MONTERO e Judith DORDAS, serán os coordinadores da información sobre recursos de proTECT. Podedes contactar con eles no enderezo electrónico proTECTrecursos@ymail.comDario G. IMIRIZALDU, tradutor e deseñador gráfico, será quen nos bote unha man coa maquetación destas notas de prensa.

Jose Mª e Judith, ademais da realización da nota de prensa, tamén se encargarán de pór ao día o arquivo de recursos que compartimos os seguidores da lista de distribución en dropbox grazas ás vosas achegas, ás dos subscritores, á información recollida nas notas de prensa, á que imos acumulando na conta de Twitter, etc.

Outra persoa moi activa en Twitter no que a compartir recursos se refire, Núria de ANDRÉS, encargarase de aportar de maneira puntual información e, por esta razón, figura como colaboradora habitual de proTECT.

Igual que no tocante á formación, tamén se habilitou unha páxina no blog para recompilar toda esa información sobre recursos.

A nosa pretensión é que esta información chegue á maior cantidade de público posible, así que xusto no intre no que esas notas de prensa teñan que divulgarse contaremos coa axuda de Nagore PÉREZ, nomeada coordinadora de relacións exteriores de proTECT. Podedes contactar con ela no enderezo electrónico proTECTexteriores@ymail.com. É moi probable que tanto Nagore como Jose Mª tamén nos deleiten con algunha que outra interesante entrada no blog ;-).

Gustaríame tamén falarvos dunha persoa moi activa na lista de distribución xa que de xeito periódico nos envía información de moi diversa índole, ela é  Graciela FONDO, nomeada coordinadora de información sobre o exercicio profesional, quen dedicará cada mes unha entrada no blog a información relativa sobre becas, prácticas, postos de traballo, conferencias, etc. de interese xeral e, en concreto, para tradutores técnicos. Podedes contactar con ela a través do enderezo electrónico proTECTprofesional@ymail.com.

Para rematar, Carmen CARBONE procurará achegarnos información sobre formación, recursos e demais dende o outro lado do Atlántico. Deste xeito, exercerá o mesmo labor que Núria de Andrés.

Antes de despedirme con todas estas novas, quería explicarvos que a lista de distribución de proTECT project conta cun dropbox onde compartimos un arquivo Excel de recursos, outro arquivo sobre cuestións xa resoltas nese foro e, por último, un tipo de directorio no que incluímos a tódolos subscritores que queren achegar información sobre o seu perfil profesional. Deste xeito, este último pode servir de base de datos cando compañeiros anden na procura de colaboradores ou ben cando alguén externo á lista nos solicite información sobre especialistas nunha temática en concreto. Cómpre dicir tamén que neste dropbox atópanse unha serie de carpetas con documentación achegada por algúns colegas que, por razóns de descoñecemento do alcance dos dereitos de autor do material, soamente a poden empregar os subscritores da lista para o seu propio proveito e nunca fóra desta lista.

Como colofón, sabedes que o obxectivo desta iniciativa é o de integrar tanto a técnicos como a tradutores técnicos para que así poidamos axudarnos mutuamente. Debido a que o ingreso de técnicos na lista de distribución así como a súa participación no blog custa un pouco máis, en breve redactaremos e faremos pública unha carta de presentación do proxecto dirixida a todos eles para que así poidades facerlla chegar á empresa, ao gremio, á asociación, ao colexio oficial ou á institución que consideredes oportuno e que integre a técnicos para que se beneficien, igual ca nós, deste proxecto. De forma que si todos aportamos o noso pequeno gran de area, consigamos que esta iniciativa cumpra os obxectivos cos que foi creada.

Isto é todo por agora, agardamos que compartades connosco a ilusión por todos estes cambios e animámosvos a que participedes de xeito máis activo no proxecto na forma e na medida que vós mesmos consideredes oportuna.

Un saúdo moi agarimoso a todos,

Amaia GÓMEZ GOIKOETXEA

coordinadora da iniciativa.

P.D. Como poderedes imaxinar, non podo rematar esta entrada sen antes mencionar ao novo equipo de tradutores voluntarios que, a partir de agora, vos fará chegar a entrada máis visitada do mes en diversas linguas:

Como coordinador de traducións contaremos con Òscar AZNAR ALEMANY que, ademais, é o noso tradutor oficial ao catalán.

Podedes facerlle chegar os vosos comentarios, suxestións, candidaturas e demais ao enderezo electrónico: proTECTtraducciones@ymail.com (¡Ollo! NON é Gmail). Tende presente que nos encantará recibirvos ben como tradutores “fixos” dunha entrada mensual á vosa lingua materna ou ben como tradutores esporádicos se algún mes en concreto vos apetece colaborar coa iniciativa.

Nagore PÉREZ, a nosa coordinadora de relacións exteriores é, ademais, a tradutora oficial ao euskera.

Lucía ÁLVAREZ é a nosa tradutora oficial ao galego.

E Martine JOULIA é a nosa tradutora oficial ao francés.

About proTECT project

iniciativa en pro del acercamiento entre técnicos y traductores especializados y en busca de la calidad técnica y lingüística óptimas de la documentación que generan. Si quieres colaborar, puntual o habitualmente, ponte en contacto con nosotros en proTECTproject@ymail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: