Canto cobra en realidade un tradutor especializado español?

De Amaia Gómez. Tradución Lucía ÁLVAREZ.

Seguindo o fío dunha entrada publicada hai pouco tempo, a do 15 de abril deste mesmo ano sobre o estado actual da tradución técnica (http://wp.me/p1CP3Z-8e) e outra que escribín fai xa algún tempo, a do 21 de xuño de 2012 sobre tarifas (http://wp.me/p1CP3Z-1U), e posto que este tema está de actualidade: recordemos unha das intervencións da primeira convocatoria dun evento que tivo moito éxito e que está relacionado co feito de emprender en tradución o cal tivo lugar na capital do estado o pasado mes de maio (http://t.co/AkjnewZ9Ty), ou o recente recordatorio da xunta dunha asociación de tradutores membros da súa lista de distribución sobre a Lei 15/2007, de 3 de xullo, de Defensa da Competencia (http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2007-12946), pola cal non se permite falar de tarifas nin sequera nunha lista de distribución, xa que o Tribunal de Defensa da Competencia podería consideralo como unha infracción da devandita lei e podería así sancionar a tódolos subscritores… Deixádeme que vos conte algo a título persoal e, evidentemente, sen intención algunha de establecer ningún parámetro, soamente darvos uns datos obxectivos sobre varios episodios que me sucederon casualmente en menos dunha semana e que, creo, ilustran bastante ben a situación real á que nos enfrontamos dende moitas frontes, mal que lle pese ao meu sempre presente optimismo (como xa quedaba reflectido na primeira das dúas entradas que mencionei con anterioridade).

O pasado xoves 23 de maio púxose en contacto comigo un vello coñecido para solicitarme unha tradución técnica de relativa urxencia. Facíao como interlocutor dunha institución pública de educación superior. Envieille un presuposto (ao meu entender modesto mais digno) e nel concreteille que incluía un prazo de cobro a 30 días pois esa institución ten unha política de pagos a 90 días a pesar da actual lei de morosidade que establece que tales prazos deben de ser menores (http://www.axesor.es/BLOG/post/2013/02/05/Ley-de-Morosidad-nuevos-plazos-de-pago-para-2013.aspx). Fíxeno porque todos sabemos como están as arcas públicas na actualidade e levo moitos meses con problemas nos prazos de cobro en casos coma este. ¡¡¡Alarma!!! Contestoume que, por desgraza, debido ao panorama actual estábase a aplicar unha “política” de pagos a 100 días. Tal e como lle informei a el, tiven que declinar o encargo porque tiven a mala sorte de experimentar en carne propia que nin sequera cumpran as súas propias políticas e xa tardei en cobrar algunhas facturas máis do dobre de tempo que este interlocutor me daba como tope. El, intentando suavizar a situación, ofreceume aumentar o meu prezo por palabra para así cubrir este contratempo mais unha leva ás costas a experiencia de compañeiros, neste caso técnicos, que xa se pillaron os dedos coa porta confiando en que a administración paga, tarde, mais sempre paga. Nos tempos que corren xa nin se pode un nin fiar nin de Murphy, así que unha servidora cada vez vólvese moito máis conversadora: menos risco, menos problemas.

A seguinte anécdota chegou un día despois. O venres 24 de maio unha axencia de tradución española púxose en contacto comigo, por recomendación doutra tradutora técnica do meu círculo, para que ambas nos encargásemos dunha tradución técnica urxente que implicaba traballar durante toda a fin de semana. Envieilles a miña tarifa (inferior á que lle propuxera á institución pública de educación superior por tratarse dunha axencia de tradución) e ata o meu CV, copia do DNI e acordo de confidencialidade firmado, tal era o seu grao de interese nos meus servizos… para que á volta do correo me contestaran que finalmente non nos asignaban o traballo porque elas soamente podían permitirse unha tarifa de 0,05 €/palabra. ¡Señores, non nos esquezamos de que estamos a falar dunha tradución ESPECIALIZADA URXENTE EN DÍAS NON LABORABLES!

E xa para rematar, coméntovos o episodio do seguinte luns 27 de maio. Non pensedes que no estranxeiro está sempre a solución (probablemente algúns estranxeiros pensen que en España morremos de fame e que nos aferramos a un cravo ardendo). Ese mesmo día outra axencia de tradución (aínda que penso que se trataba dun autónomo que subcontrata servizos de colegas, como facemos moitos), neste caso anglosaxona, púxose en contacto comigo para que me encargase dunha corrección técnica urxente. De novo, paseille as miñas tarifas. Unha vez máis, o meu interlocutor respondeume que non ía pechar o trato comigo porque non podían ofrecer máis de 0,02 €/palabra.

Así que aí o tendes, hai traballo para os tradutores, de iso non vos caiba a menor dúbida, pero que nos estamos volvendo todo como aves de presa de iso tampouco me caben moitas dúbidas.

Na nosa casa estámolo a pasar mal economicamente. Como pasa en moitas outras familias, levamos moitos anos (dende 2008) arrastrando unha situación laboral e económica cada vez máis deteriorada porque a situación xeral cada vez é menos aduladora, ao contrario do que debería ser, pero ata que non morramos de fame, literalmente, como parecen pensar xa algún estranxeiros dos “españolitos”, eu seguirei intentando manter a dignidade como profesional e como persoa e loitarei por uns honorarios xustos, da mesma maneira que me esforzo por ofrecer uns servizos senón óptimos, porque todos nos equivocamos ás veces, si con ese obxectivo sempre en mente, intentando aprender dos meus erros cada vez que se presentan. Eu anímovos a que loitemos polos valores, soamente dese xeito poderemos sacar adiante a esta sociedade enfermiza que non está a engulir.

About proTECT project

iniciativa en pro del acercamiento entre técnicos y traductores especializados y en busca de la calidad técnica y lingüística óptimas de la documentación que generan. Si quieres colaborar, puntual o habitualmente, ponte en contacto con nosotros en proTECTproject@ymail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: