Congreso X Aniversario de Asetrad – Toledo, 2013

Escrito por Laura PERAL. Lucía ÁLVAREZ.

IMAG0078Asetrad celebrou o 27 e o 28 de setembro o seu décimo aniversario cun congreso en Toledo, ao cal asistín como relatora. Gustaríame facer unha crónica desa fin de semana pero seguro que esquezo moitas cousas.

En primeiro lugar gustaríame felicitar á organización xa que o congreso saíu a pedir de boca. Os relatorios e os talleres foron moi interesantes pero o que máis me gustou foi a cantidade (e calidade) de colegas cos que alí me atopei. Tamén coincidín con vellos coñecidos e púxenlles cara a moitos outros. Teño que recoñecer que nos cafés, xantares e saídas nocturnas fanse moitos contactos e é unha parte moi importante nun congreso.

A miña chegada a Toledo o venres foi un tanto precipitada pero logo de facer a presentación pola mañá xa me relaxei e puiden gozar do congreso o resto da fin de semana. O venres falamos de coleccións e de correccións (Alberto Gómez Font) e de tradución literaria (Alicia Martorell, Gabriel Hormaechea, Carmen Montes e Pilar Ramírez). No meu relatorio comentei a situación da tradución literaria e presentei proTECT Project. Como é de supor, en 20 minutos quedáronme moitas cousas por dicir pero a resposta recibida foi máis que positiva. Acercáronseme moitos tradutores técnicos a interesarse polo proxecto e confirmei o que xa sospeitaba: non estamos sós, hai máis xente que opina coma nós. A sensación que tiven foi a mesma que cando escoitei a Amaia presentar proTECT project, por primeira vez, fai un ano nunha charla que deu na sede de APTIC en Barcelona. Como tradutora autónoma (recoñezo que pouco participativa en eventos con outros tradutores ou asociacións) vives nunha burbulla coas túas traducións, cos teus clientes, coas túas alegrías e frustracións pero, xusto cando saes dela, atópaste con outros tradutores na túa mesma situación. Isto mesmo comprobeino xa no xantar do venres.

Sigamos cos talleres do venres. No meu caso, o primeiro taller ao que asistín foi ao de Toni Rosado: Como ingresar no mercado norteamericano da interpretación: un enfoque práctico. ¡Simplemente xenial! Toni falounos de diferenzas culturais, de como é o norteamericano e de como é o mercado da interpretación nos Estados Unidos. Foi un pracer asistir ao seu taller entre outras cousas xa que me fixo reflexionar sobre a importancia de comprender (e interpretar) unha cultura diferente, non soamente a propia lingua.

O segundo taller foi o de Diana Soliverdi: Consecutiva: o touro polos cornos. Tamén foi espectacular. Foi un taller moi práctico no que puidemos comprobar que a falta de memoria, a toma de notas ou o medo á consecutiva é un mal compartido por moitos intérpretes.

O venres acabou cunha cea, unha espectacular visita nocturna guiada por Toledo e unhas copiñas para rematar a noite.

O sábado falouse de tradutores en formación (Carmen Valero), o papel da AETI (Elena González e Christian Olalla), filosofouse sobre a tradución (Javier Mallo), presentáronnos a revista de Asetrad (Isabel Hoyos), aprendemos a coordinar a tradutores (Luisa Calatayud), viaxamos ao sueste asiático para ver como se traducen linguas “exóticas” (Nadchaphon Srisongkram) e tivemos unha mesa redonda sobre a interpretación nos servizos públicos (Raúl García, Carmen Cedillo, Laura Izquierdo e Pilar de Luna).

O broche final do congreso foi a clausura musical. Unha sorpresa en toda regra, rímonos moito e puidemos ver que os tradutores tamén saben cantar, actuar e facer rir .

Para rematar de coñecernos e de despedirnos ata o próximo congreso fixemos unha cea oficial e percorremos os bares e discotecas toledanas ata altas horas. Falamos de traballo e da vida, intentamos amañar o mundo, aínda que non sei ben se chegamos ou non a algunha conclusión (debido ás botellas de viño que chegamos a beber).

Creo que o feito de que o congreso se celebrara en Toledo foi un sinal, xa que foi nesta cidade onde comecei a falar cun ano e medio. Na porta da catedral de Toledo pronunciei por primeira vez o meu nome de xeito correcto (ata daquela chamábame “Blabla”). E, dende entón, segundo os meus pais, comecei a falar como o fago hoxe en día. Fun precoz cos idiomas e en Toledo comezou a miña paixón por eles.

En definitiva, recomendo asistir a congresos, seminarios, talleres, ceas ou calquera reunión profesional ou festiva entre tradutores e intérpretes. Ábreseche a mente, aprendes moito e coñeces a xente marabillosa. Vémonos no próximo encontro “tradutoril”!

Anuncios

About proTECT project

iniciativa en pro del acercamiento entre técnicos y traductores especializados y en busca de la calidad técnica y lingüística óptimas de la documentación que generan. Si quieres colaborar, puntual o habitualmente, ponte en contacto con nosotros en proTECTproject@ymail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: