Dicionario inglés-español sobre tecnoloxía nuclear.

Escrito por Vicente ABELLA. Traducido por Lucía ÁLVAREZ.

Como tradutor proveniente do campo nuclear, sempre me fascinou que existise un dicionario inglés-español sobre un ámbito tan exclusivo como é o da tecnoloxía nuclear, ferramenta que me aforrou infindas buscas e terríbeis dores de cabeza. Porén, o que hoxe en día máis me cativa del é a súa existencia aberta e gratuíta e, do que isto se deriva, o arduo labor altruísta dos seus autores. O dicionario inglés-español sobre tecnoloxía nuclear publicouse por primeira vez no ano 1998 polo Foro Nuclear e experimentou unha revisión e unha considerable ampliación na segunda edición no ano 2008, patrocinada por Tecnatom e polo Foro Nuclear. Hoxe mesmo tiven a oportunidade de entrevistar a Agustín Tanarro Onrubia, autor e fillo do outro autor do dicionario, Agustín Tanarro Sanz, e preguntarlle sobre a súa experiencia en canto á elaboración do glosario. Teño que agradecerlle a súa pronta disposición a responder as miñas preguntas e a súa xentileza e proximidade. Velaquí o froito da entrevista.

Agustín, como xurdiu a idea de elaborar un dicionario bilingüe de termos relacionados coa enerxía nuclear? A que necesidades do sector respondía?

Cando meu pai, profesional tamén do sector nuclear durante máis de 35 anos no CIEMAT (antiga xunta de enerxía nuclear), autor de varios libros técnicos e coautor do dicionario, se xubilou alá polo ano 1986, recibiu propostas para manter un certo nivel de actividade e relación co sector impartindo clases en distintos másteres e cursos de postgrado, así como colaborando na tradución de textos técnicos, sobre todo, informes de experiencia operativa emitidos por organizacións internacionais como INPO ou WANO.

Por aquel entón, eu estaba terminando os meus estudos na Escola de Industriais de Madrid e iniciaba a miña andadura profesional en Tecnatom, onde recentemente cumprín 25 anos, alí comecei a axudarlle coa tarefa das traducións ata rematar colaborando de xeito activo durante máis de 20 anos.

Na tradución de cerca dun millar destes informes foron xurdindo termos moi específicos da “xerga” da tecnoloxía nuclear que non atopábamos en dicionarios técnicos e que nos supoñían a miúdo un labor de investigación acudindo a compañeiros e coñecidos expertos en distintos campos. Coa finalidade de recoller os resultados destas investigacións fumos recompilando listados de “termos raros” que nos puidesen servir de axuda no noso propio traballo.

Cando estes listados comezaron a ter un certo volume, pensamos que poderían resultarlles útiles a moitas persoas relacionadas coas distintas ramas da tecnoloxía nuclear que traballan a miúdo con documentación en inglés e, animados polos responsables do Foro Nuclear, puxémonos a tarefa de completar a primeira edición do dicionario, publicada no ano 1998.

Trala primeira edición do libro, no transcurso da miña actividade profesional en Tecnatom e continuando coas tarefas de tradución, seguimos a recompilar termos e a revisar os que xa posuíamos con anterioridade, o que levou a duplicar o volume do libro na súa segunda edición, patrocinada por Tecnatom e o Foro Nuclear e publicada no ano 2008, uns meses antes do falecemento de meu pai.

Dende entón, a pesar de abandonar as tarefas de tradución e xa en solitario, sigo a recompilar os termos e definicións que vou atopando no meu traballo por se nalgún momento se plantexara a realización dunha nova edición.

Cales foron os obxectivos iniciais e a que público ía dirixido o dicionario bilingüe e monodireccional? Que campos da enerxía nuclear abastece (reactores, protección radiolóxica, medicina…)?

O obxectivo era aproveitar a nosa actividade para así crear un libro de consulta que lle puidese servir de axuda ao maior número posible de persoas relacionadas co noso campo profesional. Por esta razón, puxémonos o obxectivo, un tanto ambicioso, de intentar cubrir no posible todos os campos relacionados coa tecnoloxía nuclear e disciplinas afíns para así elaborar unha obra o máis completa posible. Como é de supor, debido a nosa experiencia profesional, é inevitable que algúns ámbitos se traten en maior profundidade que outros.

Co mesmo obxectivo de servirlle de axuda ao maior número de persoas posíbel e darlle unha boa difusión, optamos por editalo a través do Foro Nuclear. Dende alí distribuíuse de maneira gratuíta entre todos aqueles que o solicitaron e tamén se posibilitou a descarga da versión do libro en formato pdf na súa páxina web (http://www.foronuclear.org/es/publicaciones-y documentacion/publicaciones/diccionario-tecnologia-nuclear-ingles) unha vez rematadas as copias en papel.

No tocante á versión electrónica do libro, gustaríame comentar que presenta a vantaxe adicional de posibilitar a busca inversa (español-inglés) dos termos grazas á opción de busca do editor de Acrobat, o que contribuíu a que descartásemos a idea de ampliar a obra coa versión español-inglés por non representar unha capacidade adicional significativa para o lector de fala española.

Como especialista na temática do dicionario e sen experiencia (ou formación) no campo da lingüística e da terminoloxía, cales foron os principais retos aos que te tiveches que enfrontar durante o traballo?

Coa finalidade de que o libro resultase de utilidade, intentamos en todo momento que fora o máis completo posíbel, introducindo en moitos casos explicacións dos termos máis alá da súa mera tradución e primando a claridade por encima do rigor lingüístico. A diferenza doutras obras e produtos similares como os que se recollen nos glosarios da Sociedade Nuclear Española, do Consello de Seguridade Nuclear ou da Axencia Internacional de Enerxía Atómica, a idea do noso dicionario era a de, como xa mencionei, ser o máis completo e práctico posíbel para o profesional ou o estudante relacionado coa tecnoloxía nuclear e, en ningún caso, servir de base a calquera tipo de normativa ou regulación técnica, lexislativa ou lingüística.

Baixo estas premisas, a falta dunha formación específica no campo da lingüística non representou un obstáculo importante e, en calquera caso, creo que as continuas revisións por parte dos dous autores, as aportacións de compañeiros e, en último termo, a colaboración do editor, aportáronlle ao libro o nivel de corrección suficiente para cumprir co obxectivo indicado de ferramenta práctica de consulta.

Cal é a aprendizaxe que gardas daquela experiencia e que consellos darías para futuras elaboracións de dicionarios técnicos?

A pesar de non perseguir o rigor extremo nas definicións e nos glosarios, intentar manter unha exactitude e nivel técnico adecuados no seu desarrollo implicou profundizar en moitos ámbitos relacionados co meu campo profesional pero non pertencentes estrictamente ao mesmo, o que me proporcionou unha visión máis amplia dos múltiples aspectos e disciplinas asociados á tecnoloxía nuclear.

Por outra parte, a nosa experiencia indica que este tipo de traballos supón un labor de recompilación e de investigación continuada, recollendo termos ao longo de moitos anos e non se pode plantexar, ao menos con obxectivos expostos, coma un traballo intensivo nun período de tempo limitado partindo de cero.

Anuncios

About proTECT project

iniciativa en pro del acercamiento entre técnicos y traductores especializados y en busca de la calidad técnica y lingüística óptimas de la documentación que generan. Si quieres colaborar, puntual o habitualmente, ponte en contacto con nosotros en proTECTproject@ymail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: